top of page

15/03/14

 

ÚLTIMA XORNADA DA LIGA GALEGA DE XADREZ 2014 E O CLUB XADREZ OROSO ASCENDE DE CATEGORÍA!!!

 

 

 PELETEIRO C: 1  -  ESCOLA XADREZ OROSO: 3  

 

O noso equipo da Escola visita as instalacións do Colexio Peleteiro para enfrentarse ó seu terceiro equipo. Un bonito enfrentamento para pechala Liga 2014 entre amigos/as. Moi boa actuación da familia Míguez e tamén de J.L.D. Hermida que tiña unha partida moi ben encarrilada pero un famooso "tocada  = movida" deu ó traste con todas as posibilidades de victoria.

O equipo da Escola remata a súa participación na Liga dun xeito exitoso. Este ano foi de preparación e de coñecemento da competición para animarnos a emprender novos retos. Noraboa ós 11 xogadores/as.

 

 

CLUB XADREZ OROSO: 4 -  ESCOLA XADREZ CABO TOURIÑÁN:  0

 

O CXO remata a Liga enfrentándose ó equipo de Muxía e remata celebrando o ascenso de categoría na nosa primeira participación en competición oficial de clubes. Moi bó traballo dos nosos catros xogadores frente ós rapaces da escola de Cabo Touriñán. Noraboa ós 9 xogadores do CXO polo ascenso.

 

 

bottom of page